![](wp-content/uploads/2023/07/A3-GFFF-web.jpg)
CHEGOU O GFFF 2023
Algúns datos desta edición:
- As mellores curtametraxes freaks internacionais e nacionais! Con arrepío, humor, sci-fi e moita tolemia cerebral. En pantalla grande!
- Proxección de AKIRA celebrando o seu 35º aniversario.
- Pequefreak! O festival dos máis pequenos.
- Sesión TerrorKids do Festival Terror Molins, no Pequefreak.
- Proxección de Mi Vecino Totoro, no Pequefreak.
- Proxección de VIDEODROME celebrando o seu 40º aniversario.
- A moto de Kaneda (Akira) AO VIVO!
- Rafillo virá a facer unha CONCHIRENCIA!
- FFFG: Feira Fantástica e Freak de Galicia.
- Festival Colega: Fantaspoa.
- Sesión Onanista! O filme bizarro sorpresa ao que non podes faltar.
- Presentación do movie-book: Found Foutage.
- Conferencia “Akira: do manga ao filme” con Jordi Pastor.
- Mesas cadradas: Work in progress, banda deseñada, dobraxe…
- GFFF Online cunha selección dos filmes deste ano.
- Sedes oficiais:
- GFFF: Plaza Elíptica (agás inauguración).
- Pequefreak: Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
“Videodrome”, 40º aniversario
Pequefreak: O meu primeiro festival
Chega o festival freak para a nosa xente pequena!
Namoráramos a un grupo de freaks e cinéfilos en potencia, outra vez, polo que non podía entrar nos nosos plans non tripitir a experiencia.
Unha completa xornada na que os/as pequefreaks poderán vivir a experiencia de desfrutar dun festival de cinema.
Conferencia
CONCHIRENCIA con RAFILLO
Conferencia
AKIRA: Do Manga ao Anime
Convidados Presenciáis
![](wp-content/uploads/2023/09/invitados.jpg)
Non hai festival sen alfombra vermella. Consulta a lista de persoeiros que pasarán polo GFFF e ten a man a túa libreta de autógrafos!
Mesa cadrada
AS NOSAS VOCES DO ANIME
![](wp-content/uploads/2023/09/vocesanime.jpeg)
Falaremos dos animes máis emblemáticos que pasaron pola TVG, de como estes supuxeron unha ponte entre a nosa lingua e varias xeracións de cativos, e do traballo de todo o grupo de profesionais que configuran este sector.
Entrada libre. Aforo limitado.
Exposición
REIMAXINANDO AKIRA
Nesta #7 edición dedicada á obra de Katsuhiro Ōtomo dedicaremos unha exposición colectiva á súa obra mestra, Akira.
Da man de trece artistas galegos traemos á sala Ap’ostrophe arte este conxunto de obras nas que veremos a enorme influencia que tivo esta película xaponesa en toda unha xeración.
Entrada libre. Aforo limitado.
Podcast
A CAIXA NEGRA DA NOSTROMO + ACODG
![](wp-content/uploads/2023/09/Logo-nostromo.jpg)
Os nostromers estarán connosco no festival ilustrándonos con algunhas das maiores frikadas cinematográficas que pariu o país nipón, así que temos mandanga freak asegurada!
Entrada libre. Aforo limitado.
Presentación
GRÁBALO TODO: HISTORIA DEL FOUND FOOTAGE
Mesa cadrada
ESCOLAS DE BD DAS RÍAS BAIXAS
Da man de CREA e co respaldo da VIGO FILM OFFICE desenvolveremos este espazo no que coñeceremos, da man dos seus creadores, cinco proxectos galegos que se atopan en distintas fases de produción.
Entrada libre. Aforo limitado.
GFFF ONLINE
Se non podes asistir fisicamente, temos para ti unha selección de curtametraxes que podes gozar dende a casa. Non será o mesmo, pero menos é nada!
ES UNHA EMPRESA? COLABORA CO GFFF
Daremos visibilidade ao teu negocio mentres axudas a un evento cultural coma ningún outro. Máis información no noso dossier comercial.
QUERES VIVILO DENDE DENTRO?
Entra a formar parte do equipo e vive un festival único dende dentro. Toda unha experiencia que esixe dinamismo e devolve unha experiencia única e novas amizades.
ASÍ FOI O GFFF #6 2022!
CINEMA FFFREAK
Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:
- Terror e arrepío para que non durmas máis.
- Friquismo do de verdade.
- Humor ata que escache o diafragma.
- Pezas que che van deixar o cu torcido.
- A mellor animación.
O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Como Festival Internacional de Cinema Freak e Fantástico de Galicia, amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais. É o único festival do mundo que subtitula todos os filmes estranxeiros en Galego.
![](wp-content/uploads/2021/09/GFFF_DEMO.gif)
MÁIS QUE CINEMA
O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!
Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!