Día: Xoves 28 de Setembro 11:00
Ubicación: New Videodrome – Sala Apo’strophe.Arte – Plaza Elíptica.
Entrada libre, aforo limitado.
Da man de CREA e co respaldo da VIGO FILM OFFICE desenvolveremos este espazo no que coñeceremos, da man dos seus creadores, cinco proxectos galegos que se atopan en distintas fases de produción.
Desde o GFFF pretendemos con esta nova proposta non só crear sinerxias entre os distintos axentes que participan nunha produción audiviovisual, senón achegar ao noso público o máis novo do audiovisual galego que está por vir.
Neste work in progress contaremos coa presentación dos seguintes proxectos:
- MONSTRO de Andrés Goteira.
- Coa participación de LAURA DOVAL, produtora de GAITAFILMES e Antonio Durán “Morris”, protagonista do filme.
- SALITRE e O QUE QUEDA DE NÓS de MIGUEL GÓMEZ ABAD
- Coa participación do director e LIDIA VEIGA, protagonista dos filmes.
- HISTERIA DO MEU PEQUENO MUNDO de PABLO FONTENLA
- Coa participación do director.
- ODYSSEUS de AARÓN PÉREZ PARDIÑAS
- Coa participación do director e ROBERTO MARIÑAS, director técnico.
- CHANTILLY ROMANCE de EUGENIO CORTEGOSO.
- Coa partipación de SERGIO P. BUGARÍN, axudante de dirección.
Esta actividade conta co respaldo de:
Vigo Film Office (VFO) é un departamento da Fundación Vigo Convention Bureau, entidade sen ánimo de lucro, que promociona a cidade como escenario de rodaxe de producións audiovisuais, asiste ás produtoras e profesionais que elixan Vigo, e estimula o investimento e o desenvolvemento local. En definitiva, ofrecen ás empresas produtoras todas as facilidades para aforrar tempo, esforzo e diñeiro ao rodar na nosa cidade.
CREA a Asociación galega de profesionais da dirección e realización, fundada no ano 2002, é unha asociación profesional sen ánimo de lucro, que ten como obxectivo a defensa dos intereses dos directores/as e realizadores/as do sector audiovisual en Galicia.
CREA aposta pola defensa da creatividade como elemento fundamental do sector audiovisual. Cren firmemente que a aposta polo talento do noso país, a formación continua e a mellora das capacidades dos nosos creadores, é unha aposta de futuro, fundamental para o desenvolvemento do sector.