“Videodrome”, 40º aniversario
Videodrome é unha obra mestra do cinema de terror. Un filme que combina o terror, a ciencia ficción e as profecías. Unha exploración da condición humana (e inhumana) a través da mutación e mutilación do corpo e da intersección entre a tecnoloxía, o entretemento e a política.
Sen dúbida, é unha obra que debe ser vista catro décadas despois do seu lanzamento. Por iso será o filme inaugural do Galician Freaky Film Festival #7 2023. O filme que dá nome á nosa sala de cinema, ou de exposicións, ou a un todo intanxible que sempre será parte do GFFF. Un lugar que muta en si mesmo e aos que entran nel.
Pequefreak: O meu primeiro festival
Chega o festival freak para a nosa xente pequena!
Namoráramos a un grupo de freaks e cinéfilos en potencia, outra vez, polo que non podía entrar nos nosos plans non tripitir a experiencia.
Unha completa xornada na que os/as pequefreaks poderán vivir a experiencia de desfrutar dun festival de cinema.
FFFG: Feira Fantástica e Freak de Galicia
Freaks hai de todo tipo, por iso, o obxectivo con esta feira e xuntarnos todos e dar a coñecer nun único espazo todos os puntos de resistencia e cultura freak cos que conta a cidade.
Entrada libre. Aforo limitado.
“Mi Vecino Totoro”, 35º aniversario
Descubre a maxia da amizade e a aventura nun mundo cheo de marabillas coa película “Tonari No Totoro” (“Mi Vecino Totoro”). Dirixida por Hayao Miyazaki, este clásico do cine de animación xaponés transporta a unha historia cativadora e emotiva.
“Akira”, 35º aniversario
O festival únese á celebración mundial desta obra mestra dirixida por Katsuhiro Ōtomo, unha oportunidade única para revivir a maxia deste filme na pantalla grande.
Kaneda por un día
Queres sentirte como Kaneda por un día?
Entón vén á Plaza Elíptica durante o GFFF!
Teremos unha réplica da enigmática moto de Kaneda!
Entrada libre. Aforo limitado.
Convidados Presenciáis
Non hai festival sen alfombra vermella. Consulta a lista de persoeiros que pasarán polo GFFF e ten a man a túa libreta de autógrafos!
Conferencia
AKIRA: Do Manga ao Anime
Non se pode saber máis de Akira ca Jordi Pastor.
Autor de cómics e docente na Escola Joso, expoñeranos o que supón unha adaptación do calibre de Akira.
Entrada libre. Aforo limitado.
Conferencia
CONCHIRENCIA con RAFILLO
Rafael Esteban Trujillo conseguiu facerse un oco nas redes grazas a pezas animadas de orixinalidade desbordante.
Descubriremos o seu proceso creativo e a súa viaxe persoal con Conchi e viejeto.
Entrada libre. Aforo limitado.
Exposición
REIMAXINANDO AKIRA
Nesta #7 edición dedicada á obra de Katsuhiro Ōtomo dedicaremos unha exposición colectiva á súa obra mestra, Akira.
Da man de trece artistas galegos traemos á sala Ap’ostrophe arte este conxunto de obras nas que veremos a enorme influencia que tivo esta película xaponesa en toda unha xeración.
Entrada libre. Aforo limitado.
Mesa cadrada
CAFÉ CON CREA: A QUE ANDAS, FREAK?
Da man de CREA e co respaldo da VIGO FILM OFFICE desenvolveremos este espazo no que coñeceremos, da man dos seus creadores, cinco proxectos galegos que se atopan en distintas fases de produción.
Entrada libre. Aforo limitado.
Mesa cadrada
AS NOSAS VOCES DO ANIME
Falaremos dos animes máis emblemáticos que pasaron pola TVG, de como estes supuxeron unha ponte entre a nosa lingua e varias xeracións de cativos, e do traballo de todo o grupo de profesionais que configuran este sector.
Entrada libre. Aforo limitado.
Mesa cadrada
ESCOLAS DE BD DAS RÍAS BAIXAS
Da man de CREA e co respaldo da VIGO FILM OFFICE desenvolveremos este espazo no que coñeceremos, da man dos seus creadores, cinco proxectos galegos que se atopan en distintas fases de produción.
Entrada libre. Aforo limitado.
Podcast
A CAIXA NEGRA DA NOSTROMO + ACODG
Os nostromers estarán connosco no festival ilustrándonos con algunhas das maiores frikadas cinematográficas que pariu o país nipón, así que temos mandanga freak asegurada!
Entrada libre. Aforo limitado.
Presentación
GRÁBALO TODO: HISTORIA DEL FOUND FOOTAGE
Teremos o pracer de contar con Andrés R. Paredes para que presente o seu novo libro durante o GFFF. Un encontro no que o público poderá descubrir este subxénero que se fixo tan popular a partir do 2000 grazas a filmes de xénero de terror.
Entrada libre. Aforo limitado.