Días: Do mércores 27 ao sábado 30 de setembro
Inauguración: Mércores 27 de Setembro 17:30
Ubicación: New Videodrome – Sala Apo’strophe.Arte – Plaza Elíptica.
Entrada libre, aforo limitado.
Nesta #7 edición dedicada á obra de Katsuhiro Ōtomo dedicaremos unha exposición colectiva á súa obra mestra, Akira.
Da man de trece artistas galegos traemos á sala Ap’ostrophe arte este conxunto de obras nas que veremos a enorme influencia que tivo esta película xaponesa en toda unha xeración.
Artistas da banda deseñada como Norberto Fernández, Miguel Porto, Anxel con X ou Mara Méndez reconstrúen e homenaxean elementos do imaxinario de Akira desde a súa peculiar e persoal visión.
Unha exposición que sen dúbida fará dos delicias dos fans da obra de Ōtomo e na que mesmo poderemos atopar retallos dese novo mundo distópico construído durante esta edición do GFFF, Neo-Vigo.
A exposición conta con traballos de Anxel con X, Dani Docampo, David Fidalgo, Davida, Diego Artegrotesko, Irika, Mara Méndez, Maroto, Miguel Porto, Norberto Fernández, Paulo Mosca, Sergio de Arcos, e Verónica ”Berserker!!” Quinteiro Pazos.
O último día da exposición farase unha poxa benéfica das obras a favor da asociación Bicos de Papel a cal dedícase a axudar aos nenos oncolóxicos do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, promover melloras na atención e a apoiar ás familias.
Esta poxa estará conducida e animada polo noso amigo e veciño, o Spider-man de Vigo.