Días: Venres 29 de 16:00 a 21:30 e sábado 30 de 11:00 a 21:30
Ubicación: Plaza Elíptica
Entrada libre. Aforo limitado.
Esta edición será a vez primeira que incluamos esta feira como actividade paralela do festival.
A Feira Fantástica e Freak de Galicia será un espazo único cheo de arte, cousas molonas e moito freakismo onde coincidirán algúns dos puntos de resistencia e cultura freak de Vigo, así como unha serie de artistas que nos ensinarán os grandes talentos freaks que ten a cidade.
O noso desexo non só é que sexa carallaruda, senón convertela nun escaparate anual co máis freak de Galicia.
Coñece as propostas desta I Feira Fantástica e Freak de Galicia!