SÁBADO, 23 de SETEMBRO do 2023

10:30 – 14:00 / 16:30 – 22:00

“Se es pequeno e es freak, vén ao pequefreak”, con esta frase na cabeza marcharon dúcias de pequefreaks tras pasar pola segunda edición deste mini festival celebrado dentro da pasada edición do GFFF.

Namoráramos a un grupo de freaks e cinéfilos en potencia, outra vez, polo que non podía entrar nos nosos plans non tripitir a experiencia. Por iso, volvemos co Pequefreak – O meu primeiro festival, un día enteiro adicado ao público infantil e xuvenil, un evento no que as nais e pais, tías e tíos, poderán iniciar aos más cativos no marabilloso mundo do cinema freak. Unha completa xornada na que os/as pequefreaks poderán vivir a experiencia de desfrutar dun festival de cinema.

Coa inestimable axuda do Concello de Vigo, celebramos o 23 de setembro este mini-festival cunha programación dedicada ao cinema: 

Nota: a excepción dos Obradoiros, no resto de actividades os pequefreaks deben ir acompañados por un adulto que deberá ter a súa propia entrada tamén. O abono das proxecións, Abono VIPF, non inclúe os Obradoiros.

10:30 – 12:30
OBRADOIRO FX’s por SPENCER

Despois do éxito na pasada edición repetimos este obradoiro dedicado a introducir á cativada no fantástico mundo dos efectos especiais. Ricardo Spencer, ténico en efectos especiais, ensinará aos pequefreaks novos e sinxelos trucos cos que sorprender aos seus familiares e amigos en Samaín e nas mellores festas de disfraces. Se na pasada edición as e os pequefreaks saíron cun sexto dedo na man, non vos asustedes se este ano eses membros parecen moverse sós.

Actividade para maiores de 6 anos.

16:15 – 17:15
17:30 – 18:30
DEBUXA CON KAME

Da man da Academia viguesa de cómic Kame, faremos este obradoiro dedicado a iniciar aos pequenos no mundo da banda deseñada. Esta escola, que leva máis dunha década formando aos principais referentes desta arte en Galicia, ensinaralles fundamentos de debuxo de personaxes tomando como referencia ao icónico Totoro creado polo cineasta xaponés Hayao Miyazaki.

Dúas quendas posibles:

  1. 16:15 – 17:15
  2. 17:30 – 18:30

Actividade para maiores de 6 anos.

CURTAMETRAXES

A sección oficial, na que os pequefreaks elixirán a súa obra favorita, está composta por curtametraxes vidas de todas as partes do mundo.

Unha Sección Oficial creada por e para eles da que poderán presumir de ter visto traballos non proxectados ata a data no noso país!

12:30 – 14:00 SELECCIÓN OFICIAL: CURTAS TP

A Selección Oficial deste ano conta con 7 curtametraxes chegadas de países como Francia, Chequia ou Reino Unido, na que non faltarán cativos, animais e monstros vivindo aventuras ben tolas en escenarios distópicos. Unha selección que fará as delicias tanto dos e das pequefreaks como dos adultos que os acompañen.

18:30 – 20:00 CURTAS +7: TERRORKIDS

O Festival de Cine de Terror de Molins de Rei, máis coñecido como Terror Molins, é un dos festivais de xénero máis antigos da península. O festival, que este ano cumpriu medio siglo, será un dos festivais convidados nesta edición 2023 do GFFF.

Desde hai varias edicións este festival conta cunha sección paralela dedicada á cativada, TerrorKids, polo que neste ano os e as nosas pequefreaks poderán desfrutar dun bloque de curtametraxes con algúns dos mellores traballos infantís que pasarón polo festival catalán. Un bloque que de seguro non defraudará e que estreita os vínculos entre o GFFF e os festivais de xénero membros do TAC (Terror Arreu de Catalunya).

20:00 FILME:
MI VECINO TOTORO (1988)
Versión dobrada en castelán

86′ / Xapón /1988
HAYAO MIYAZAKI

O broche final a esta xornada de cinema infantil será a proxección deste clásico de 1988 dirixido por Hayao Miyazaki polo 35º aniversario do filme. Proxectarémolo na súa versión doblada ao castelán.

Descubre a maxia da amizade e a aventura nun mundo cheo de marabillas coa película “Tonari No Totoro” (“Mi Vecino Totoro”). Dirixida por Hayao Miyazaki, este clásico do cine de animación xaponés transporta a unha historia cativadora e emotiva.

A trama xira en torno a dúas irmás, Satsuki e Mei, que se trasladan ao campo co seu pai para estar preto da súa nai enferma. Alí, descobren un universo cheo de seres fantásticos e espíritos do bosque, incluíndo o amigable Totoro, un ser enorme e peludo que habita nos arredores. A través das súas aventuras, as nenas desenvolven un lazo especial coa natureza e co misterioso Totoro.

“Mi Vecino Totoro” captura a maxia da infancia, a curiosidade e a conexión co entorno natural. Con imaxes marabillosamente animadas e unha banda sonora envolvente, a película convida a públicos de todas as idades a embarcarse nun conto emocionante e repleto de aventuras.

Esta película é unha obra mestra da animación xaponesa que non só deleitará aos amantes do xénero, senón que tamén deixará unha pegada duradeira nos corazóns de quen a vexa. Vén descubrir o asombroso mundo de “Mi Vecino Totoro” no PEQUEFREAK e únete a Satsuki e Mei na súa inesquecible viaxe a través da amizade e a maxia.

ENTREGA DE PREMIOS

Como cada ano, a cativada do Pequefreak será a encargada de entregar o Galardón “Olimpo dos Pequefreaks” á curta máis aplaudida. Será o aplausómetro, o encargado de medir a intensidade dos aplausos dos cativos e indicar cal é a curta gañadora. Para entregar o premio quizáis os pequefreaks teñan a visita dun dos seus super heroes favoritos, quen poderá ser?

Se es pequeno e es freak,
vén ao Pequefreak!

INFORMACIÓN IMPORTANTE:

1. Abono:

O abono NON INCLÚE OS OBRADOIROS, só inclúe as proxecións. Lembra collelos a maiores se queres asistir a todo.

2. Acceso:

A excepción do Obradoiro, no resto de actividades os pequefreaks deben ir acompañados por un adulto que deberá ter a súa propia entrada tamén.

3. Obradoiro FX:

  • ACTIVIDADE PARA MAIORES DE 6 ANOS.

4. Obradoiro DEBUXA CON KAME:

  • ACTIVIDADE PARA MAIORES DE 6 ANOS.

En caso de incumprir calquera de estas condicións cancelaranse as inscricións.