GRAVACIÓN DO PODCAST “A CAIXA NEGRA DA NOSTROMO” ESPECIAL GFFF

Día: Sábado 30 de Setembro 12:30
Ubicación: New Videodrome – Sala Apo’strophe.Arte – Plaza Elíptica.
Entrada libre, aforo limitado.

Moi pronto coñeceredes a Fer, Fuco e Paco, tres amigos doutorados pola Universidade Cinematográfica do Emule que están tras este podcast no que falan das pelis que lles molan, en especial as dos 80s-90s.

Os nostromers estarán connosco no festival ilustrándonos con algunhas das maiores frikadas cinematográficas que pariu o país nipón, así que temos mandanga freak asegurada!

Se es dos que acaban os flocos de millo cando aínda están cos trailers e pensas que Ciudadano Kane melloraría con ninjas, xa tardas en subscribirte a súa canle.

Para esta actividade contamos co apoio da Asociación Cultural Obradoiro Dixital Galego (ACODG) o fogar do contido en galego na rede.

A ACODG encárgase de promover e difundir o contido que se crea en galego en YouTube, Twitch e podcast. Xeran puntos de encontro entre creadores de contido e fomentan sinerxias entre eles. Ademais, non só proporcionan recursos e asesoramento senón que tamén establecen redes de cooperación con centros educativos para promover o uso e creación de contidos dixitais en galego. Afíliate!