Día: Sábado 30 de Setembro 19:00
Ubicación: New Videodrome – Sala Apo’strophe.Arte – Plaza Elíptica.
Entrada libre, aforo limitado.

É para nós unha fantasía poder anunciar que este ano estará connosco o artista Rafillo creador da delirante e tola serie Querida Conchi. Con millóns de reproducións en Youtube e Instagram, está serie de animación fixo estoupar os miolos de millóns de espectadores, trala súa estrea en 2020, grazas ao seu estilo único e psicótropo.

Desde Almería, Rafillo aterrará no GFFF para darnos unha Conchirencia, ou o que é o mesmo, unha clase maxistral sobre o seu proceso creativo. O seu incomparábel estilo traspasou fronteiras: o seu traballo está presente en The Paloni Show! Halloween Special! para a plataforma Hulu, e foi o responsable dun video promocional para a mítica serie Rick & Morty de Adult Swim.

Rafael Esteban Trujillo

Rafillo é un almeriense interesado na creación artística desde moi pequeno que atopou na animación un control total de actores, iluminación e dirección en cada unha das facetas da realización audiovisual. Gústalle pensar en futuros proxectos, pero a súa preguiza cronificada imposibilítalle chegar a máis…