Non se poderá acceder á sala unha vez comezada a proxección. Comproba o horario da sesión e sé puntual.

ABONO VIF

Todo o GFFF aos teus pes. Forma parte da gran familia freak e poderás lucir con orgullo a chapa que te identifica como Very Important Freak. Rexeita imitacións.

Esta é a verdadeira experiencia GFFF.

Unidades limitadas.

+ BUTACA PREFERENTE

Sitiazo garantido!

As butacas centráis da sala estarán reservadas en exclusiva para abonados con butaca preferente.

Unidades moi limitadas.

Inclúe:

  • As 9 sesións de curtametraxes.
  • Sesión onanista: filme bizarro sorpresa.
  • Inauguración e proxección Videodrome.
  • Proxección AKIRA.
  • Proxección Mi Vecino Totoro.
  • Desconto de 3 EUR nunha camiseta do festival.
  • Chapa identificativa exclusiva.
  • Catálogo GFFF #7 2023.

Entradas por sesión

Non podes vivir a experiencia GFFF cun Abono VIF? Pois isto é para ti.

  • ANTICIPADA: 6 EUR
  • TAQUILLA: 8 EUR

(Incluídas no ABONO VIF)

Proxección
VIDEODROME – 40 Aniversario

22 de setembro, ás 19:30, no Auditorio do Concello de Vigo. Dentro do marco da inauguración.

Non perdas a proxección de “Videodrome”, unha obra mestra do cine de ciencia ficción dirixida polo visionario David Cronenberg! Afúndete nun mundo distópico onde a tecnoloxía e a obsesión pola televisión se entrelazan de maneira inquietante.

Inclúe coloquio da man do especialista en FX Ricardo Spencer que explicará os efectos especiais do filme.

  • ANTICIPADA: 6 EUR
  • TAQUILLA: 8 EUR

(Incluída no ABONO VIF)

Proxección
AKIRA – 35 Aniversario

30 de setembro, ás 21:30, nos Cines Tamberlick Plaza Elíptica.

Experimenta en pantalla grande a película que definiu xéneros e inspirou a tantos, con impresionantes imaxes e unha banda sonora envolvente que te transportarán a Neo-Tóquio.

  • ANTICIPADA: 6 EUR
  • TAQUILLA: 8 EUR

(Incluída no ABONO VIF)

GFFF ONLINE

Se non podes asistir fisicamente, temos para ti unha selección de curtametraxes que podes gozar dende a casa. Non será o mesmo, pero menos é nada!

Pequefreak: O meu primeiro festival

23 de setembro, a partir das 10:30, no Auditorio do Concello de Vigo.

O 23 de setembro celebramos a terceira edición deste mini-festival cunha programación infantil e xuvenil adicada ao cinema.

Proxección
MI VECINO TOTORO
– 35 Aniversario

23 de setembro, ás 20:00, no Auditorio do Concello de Vigo. Dentro do marco do Pequefreak.

Dirixida por Hayao Miyazaki, esta película emocionante e conmovedora, que captura a maxia da infancia e a beleza da natureza, é perfecta para todas as idades.

(Incluída no ABONO VIF. Non aplica Butaca Preferente)