Goza o GFFF dende o sofá da casa!

Por cuarto ano, o GFFF pon a disposición dos freaks cinéfagos gran parte da Selección Oficial desta edición de xeito online. 

A plataforma elexida será novamente Festome, plataforma que ademais está dispoñible en galego grazas ao traballo do noso equipo durante a edición do 2020.

Só nos queda convidarte a gozar do GFFF desde a túa gorida! Escarállate, sinte un arrepío ou cheira as túas neuronas fritidas coas curtas que poderás desfrutar unha e otra vez.

Ollo! Quedarte na casa non te exclúe de decidir os gañadores!

  • Se tes un ABONO VIF, introduce o LOCALIZADOR do teu abono como código de desconto para canxear o abono online en Festhome. Atoparalo no correo cando as recibiches e nas propias entradas, é unha secuencia de letras e números similar a esta: A1ABDCK3X.