Actividades do Galician Freaky Film Festival abertas ao público.

Suxeitas a limitacións de aforo.

FFFG: Feira Fantástica e Freak de Galicia

Freaks hai de todo tipo, por iso, o obxectivo con esta feira e xuntarnos todos e dar a coñecer nun único espazo todos os puntos de resistencia e cultura freak cos que conta a cidade.

Kaneda por un día

Queres sentirte como Kaneda por un día?

Entón vén á Plaza Elíptica durante o GFFF!

Teremos unha réplica da enigmática moto de Kaneda!

Conferencia

AKIRA: Do Manga ao Anime

Non se pode saber máis de Akira ca Jordi Pastor.

Autor de cómics e docente na Escola Joso, expoñeranos o que supón unha adaptación do calibre de Akira.

Conferencia

CONCHIRENCIA con RAFILLO

Rafael Esteban Trujillo conseguiu facerse un oco nas redes grazas a pezas animadas de orixinalidade desbordante.

Descubriremos o seu proceso creativo e a súa viaxe persoal con Conchi e viejeto.

Exposición

REIMAXINANDO AKIRA

Nesta #7 edición dedicada á obra de Katsuhiro Ōtomo dedicaremos unha exposición colectiva á súa obra mestra, Akira.

Da man de trece artistas galegos traemos á sala Ap’ostrophe arte este conxunto de obras nas que veremos a enorme influencia que tivo esta película xaponesa en toda unha xeración.

Mesa cadrada

CAFÉ CON CREA: A QUE ANDAS, FREAK?

Da man de CREA e co respaldo da VIGO FILM OFFICE desenvolveremos este espazo no que coñeceremos, da man dos seus creadores, cinco proxectos galegos que se atopan en distintas fases de produción.

Mesa cadrada

AS NOSAS VOCES DO ANIME

Falaremos dos animes máis emblemáticos que pasaron pola TVG, de como estes supuxeron unha ponte entre a nosa lingua e varias xeracións de cativos, e do traballo de todo o grupo de profesionais que configuran este sector.

Mesa cadrada

ESCOLAS DE BD DAS RÍAS BAIXAS

Da man de CREA e co respaldo da VIGO FILM OFFICE desenvolveremos este espazo no que coñeceremos, da man dos seus creadores, cinco proxectos galegos que se atopan en distintas fases de produción.

Podcast

A CAIXA NEGRA DA NOSTROMO + ACODG

Os nostromers estarán connosco no festival ilustrándonos con algunhas das maiores frikadas cinematográficas que pariu o país nipón, así que temos mandanga freak asegurada!

Presentación

GRÁBALO TODO: HISTORIA DEL FOUND FOOTAGE

Teremos o pracer de contar con Andrés R. Paredes para que presente o seu novo libro durante o GFFF. Un encontro no que o público poderá descubrir este subxénero que se fixo tan popular a partir do 2000 grazas a filmes de xénero de terror.