Día: Sábado 30 de Setembro 11:00
Ubicación: New Videodrome – Sala Apo’strophe.Arte – Plaza Elíptica.
Entrada libre, aforo limitado.

Nesta edición tan especial dedicada a obra de Katsuhiro Ōtomo, teremos o pracer de contar con Jordi Pastor, quen nos expoñerá o que supón unha adaptación do calibre de Akira.

A través de numerosos exemplos descubriremos o inmenso traballo que implicou trasladar do cómic á pantalla este filme de culto.

Jordi Pastor (Barcelona, 1977) empezou a su carreira traballando na publicidade, debuxando storyboards para anuncios, ilustrando portadas para novelas, carteis para festivais, libros de texto ou encargos para museos. 

Dirixiu curtametraxes, unha delas (“La victoria de Félix” 2018) premiada no certame do Festival Internacional de Cine Sitges.

No cómic é autor de de “Padre” (Quarentena ediciones), “Reacción” (Tomoshibi), “Encuentro” (Edicions de Ponent), “Vaquero” (Ponent Mon), “Transcrepuscular” (Gigamesh Editorial) e “Pulp” (Planeta Cómics). Debuxou “Khalid” (Norma editorial), con guión de Damián Campanario, “Catálogo de Bunkers” (Astiberri ediciones) con guión de Marcos Prior e participou en obras colectivas como “Barcelona TM”, “Revolution Complex”, “Tales from the end of the world” e “Barcelona Noire” de Norma Editorial ou “Rubor” (La Cúpula). É guionista de “Máculas”, con debuxos de Danide para Spaceman Project.  

Tamén se encargou dunha adaptación de “Hady Murad” de Tolstoi e o guión da adaptación de “Cándido” de Voltaire (con Marcos Prior). 

Atreveuse co manga en “La Chica del Templo” (Sapristi) xunto a Kidoo. 

Compaxina a súa carreira de autor de cómics coa docencia, dando clases na Escola Joso.